16dec
A finca do Frendoal, o bosque encantado

A finca do Frendoal, o bosque encantado

O outro día, aproveitando a visita ao Facho , fixemos unha pequena parada na Finca do Frendoal, lugar de esparcemento dos condes de Aldán. Queremos compartir convosco este lugar pola tranquilidade e atmósfera máxica que desprende.

Para chegar á finca temos que desplazarnos a Aldán (Cangas, Pontevedra), na estrada principal podemos atoparnos co pazo e uns viveiros, ao outro lado da estrada, oculta no bosque, está a finca. Podemos acceder a ela pasando o lavadeiro, e a escasos metros unha entrada abandonada á man esquerda. O lugar é de fácil acceso e pode visitarse en pouco tempo.

Unha vez accedemos á finca imos adentrándonos nun frondoso bosque de piñeiros e carballos. Pasando un muiño abandonado, atopámonos un pequeno castelo construido nos anos 60, conta con almenas unha ponte levadiza sobre o regato que cruza a finca. Este elemento contribúe a reforzar a atmósfera máxica da finca. Tamén é certo que este castelo se atopa totalmente abandonado e vandalizado, polo que temos que ter coidado se vamos con nenos.

Foto: Santi

Seguindo o camiño atopámonos co acueoducto, coñecido como Arco da Condesa, de época medieval, ainda que posiblemente se remonte á época romana, que daba servicio á zona e foi en parte derruido pola construcción da estrada. Ademáis conta con unha porta que nos permite continuar a camiñata dende a parte superior do paseo.

Podemos continuar o camiño pegados ao regato uns metros para voltar e chegar ao patio do castelo, que noutro tempo foi un campo de críquet, conta con bancos de pedra para facer unha pequena parada.

Foto: Santi

Durante todo o camiño atopámonos con veciños e curiosos desfrutando da tarde de domingo, e se nos achegamos no outono é habitual atoparse xente recollendo castañas e cogomelos.

Continuando a ruta, finalizamos nun pequeno parquing na estrada principal, dende o que poderíamos continuar hacia outros lugares destacados da contorna, como poden ser o cruceiro do Hío, o Facho, Cabo Home ou o Cabo Udra.

Foto: Santi
Foto: Santi