Tanto a cociña tradicional como a nova cociña, cobran nesta terra unha nova dimensión. Contando sempre coa innegable calidade da materia prima destas lareiras, elabóranse auténticos manxares que non deben deixar de probarse ao visitarnos.
Como complemento ideal, viños como o albariño ou o tinto de Barrantes, regan da mellor das maneiras estes preparados.
PEIXES
A variedade de especies que poboan a Ría de Arousa permítenos dispoñer de peixes brancos ou azuis en calquera época do ano.
Os brancos son de carne máis magra e os azuis máis graxos e con grandes propiedades nutritivas. Sardiñas, xurelo, caballa, linguado e rodaballo, robalizas, douradas... a variedade e calidade fan que nos restaurantes do Grove prepárense as parrilladas e ?caldeiradas? de peixe máis frescas e sorprendentes da zona.
MARISCOS
Son ricos en minerais e iodo, carecen de graxa e ofrecen poderosas calidades gustativas.
É de destacar o ferro que nos achegan os mexillóns ou o ácido graxo insaturado Omega 3 e Omega 6 e as vitaminas A e B3 do polbo.
Paladear unas recoiro, desmenuzar nécoras ou centolas, saborear o mar en percebes e berberechos supoñen un privilexio ao alcance de todos.
A HORTA DO SALNÉS
Do val do Salnés proceden os legumes e hortalizas que se consomen no Grove.
Nas hortas e invernadoiros cultivan, estación a estación, con métodos tradicionais, todos estes produtos. As cebolas e leituga, pementos, tomates e patacas, ademais de todo tipo de verduras son habituais no mercado da nosa vila.