En autobús
A estación de autobuses está situada en Beiramar, a un 100 m. do Concello. As principais conexións enlazan distintos puntos do municipio, Pontevedra ou Vigo mediante liñas regulares.
No verán hai liñas que conectan Pontevedra coas nosas marabillosas praias.
En avión
A mellor opción para visitar O Grove desde a península ou desde o estranxeiro pasa por chegar primeiro ao aeroporto de Santiago de Compostela (aeroporto de Lavacolla) ou ao aeroporto de Vigo (aeroporto de Peinador) para allegarse despois ao municipio por autoestrada, estrada ou mesmo utilizando o tren ou o autobús.
En tren
En caso de empregar este medio de transporte, as estacións de Vilagarcía de Arousa e a de Pontevedra son as máis próximas, tendo que optar despois por un último traxecto en coche ou autobús