Con pescanatur terás a posibilidade de acompañar a un mariñeiro ou unha mariscadora na súa xornada real de traballo. Ven a pescar connosco! Consulta as nosas rutas.
Pescanatur é un proxecto pesqueiro e novo de turismo mariñeiro, cuxo fin social é poñer en valor o mundo da pesca e do marisqueo, e manter a tan arraigada cultura mariñeira.
1.- RUTA DE BAIXURA.
Enrolaremos a un novo tripulante nunha das nosas embarcacións de pesca artesanal, como un mariñeiro máis, compartindo coa tripulación nunha xornada real de traballo, vivindo en primeira persoa como calan e izan as artes de pesca. O propio patrón ensinaralles como se desenvolve no mar, cales son as partes do barco, rumbos e manobras de navegación, aparellos de pesca, lendas... Esta ruta compleméntase cunha visita natural e cultural pola ría, así como unha visita á Lonxa de Contratación acompañado do propio patrón, onde poderá ver como chega o peixe e marisco capturados ao longo do día, como se pesa e etiqueta, e como se prepara para ser poxado máis tarde, así como asistir á súa poxa. Convérteche nun auténtico lobo de mar!
2.- RUTA MARISQUEO Á boia.
Ruta a bordo de embarcacións dedicadas á recollida de bivalvos na que enrolaremos ao visitante PESCANATUR para que viva en primeira persoa unha xornada de traballo. O patrón da embarcación explicará durante todo o traxecto diferentes temas relacionados con esta arte, complementándoa cunha visita cultural e natural pola ría e á Lonxa de Contratación, onde poderá ver como se selecciona, criba, pesa, etiqueta e prepárase para poxar máis tarde coñecendo en primeira persoa a poxa dos bivalvos recolleitos. Farémoste sentir parte de nos!
3.-RUTAS MARISQUEO A PIÉ.
Ruta a pié polos areais do Grove, onde traballan diariamente as nosas mariscadoras, sendo elas mesmas as que exercen de guías explicando en que consiste a súa xornada explicando os diferentes tipos de bivalvos que se colleitan diariamente nos distintos buracos que estes deixan nas praias, complementándose coa visita á Lonxa de Contratación onde se poderá ver como se selecciona, pesa, etiqueta e prepáranse as capturas para ser poxadas máis tarde. Faiche mariscador/a por un día!
4.- RUTA GASTRONÓMICA.
Consiste en probar as receitas tradicionais mariñeiras da zona nun dos restaurantes asociados, coa garantía de ser os auténticos produtos das nosas rías. Por iso, ?a mellor forma de pechar un día perfecto de mar? é degustando o MENÚ PESCANATUR a base de peixes e mariscos. A mellor forma de pechar un día perfecto de mar!
Contacto:
Confraría de pescadores "San Martín" do Grove
Praza do Corgo 2, 36980 O Grove.
T. 986 73 35 90
mail: grove@pescanatur.es