Playa A Lanzada - O GROVE

Bandera azul 2016

Unha das praias pioneiras en lucir Bandeira Azul dos Mares Limpos de Europa.

Son máis de 2 Km de areal a mar aberto e conta cun paseo de madeira que nos permite osixenar o corpo e avivar o espírito en calquera época do ano.

Está orientada ao sur e a súa area é branca e fina.

Características

Situada no Concello do Grove, A Lanzada é unha das praias máis emblemáticas e unha das mellores do litoral galego. A calidade da súa area e as súas augas xunto coas súas instalacións permítenlle cumprir desde o ano 1988 os distintos requisitos que outorgan a Bandeira Azul.

Características:

  • Orientación: Sur
  • Dimensiónes: 2700 m de lonxitude e 40 m de anchura media en pleamar
  • Tipo de superficie: Area branca e fina con rocas a ambos os dous lados da praia. Presenta un espazo dunar protexido con abundante flora e fauna.
  • Características da zona de baño: Augas transparentes e unha temperatura media anual de 12°C con rango de ondas de 0.5 a 6 m. entre días de calma e mal tempo. Ten correntes de resaca na zona centro da praia.
  • Climatoloxía en veráno: A praia ten unha temperatura ambiente media de 24°C e atópase ao abrigo dos ventos predominantes do norte
  • Actividades recreativas e deportivas: bodyboard, surf, windsurf, padelsurf, kitesurf, pesca deportiva, artefactos flotantes inchables.

Sabías que...?

  • A Lanzada ten restos arqueolóxicos dun castro marítimo datado no s. VIII a.c. e unha necrópole romana situada no III d.c.
  • No século V a.C., púnicos e fenicios fixeron da Lanzada un dos principais puntos de intercambio de estaño, ouro e salgadura do noroeste da Península Ibérica.
  • No século X, existía un castelo, do que se conservan os restos dunha torre, que foi parte da defensa contra invasións árabes e viquingas e a cuxos pés se enfrontaron Dona Urraca e o arcebispo Gelmírez e sufocouse parte da Revolta Irmandiña.
  • As primeiras noticias escritas sobre os restos arqueolóxicos romanos e mediavales aparecen nas obras de Frai Martín Sarmiento no século XVIII quen supuxo que eran parte de Lambriaca, unha cidade desaparecida descrita polo geógrafo Pomponio Mela.
  • Ten unha ermida de estilo románico onde o último sábado e domingo de agosto celébrase a romaría da nosa Señora da Lanzada. Nesta celebración realízase o rito do "baño das nove ondas" onde unha muller con problemas de fecundidade báñase nas augas da Lanzada recibindo as nove ondas para despois oir unha misa na ermida.

Dominando a praia, o monte Siradella aínda garda entre as súas rocas unha higuera segundo a tradición serviu para colgar a D. Juan da Meca. Do mesmo xeito que en Fuenteovejuna, este fidalgo vió como o pobo, motivado por un futuro esposo, tomouse vinganza de todas as súas tropelías. Á pregunta do xuíz: Quen matou ao Meco?, o pobo respondeu: "Matámolo todos!". Desde aquel día, meco e meca son os topónimos dos veciños do Grove.

Información ambiental

A Lanzada garda uno dos ecosistemas dunares máis representativos e completos do litoral galego.

Detrás da praia, hai unha vasta sucesión de dunas embrionarias e móbiles con vexetación descontinua. Cara ao oeste, unha cuberta vexetal máis densa fixa as dunas dá paso a unha zona máis deprimida onde se localizan as lagoas estacionales. Ao longo desta transición existe un destacado número de especies de plantas, entre elas endemismos ibéricos e mesmo, rexionais.

Desde a praia tamén se forma unha duna rampante ao longo da ladeira do monte Siradella debido á acción dos ventos do suroeste. Este monte situado ao norte da praia presenta os mellores miradoiros, de obrigada visita, desde os que divisar A Lanzada e a Ría de Arousa, varias rutas de sendeirismo e unCentro de Interpretación da Natureza.

Ás costas da praia e formando parte do "Complexo Intermareal Umia-O Grove" está a Enseada de Ou Bao, un asentamento excepcional para un gran número de especies animais, principalmente invertebrados. Moitos curiosos, naturalistas afeccionados e profesionais ocupan habitualmente as súas beiras polo seu excepcional valor ornitolóxico, especialmente de aves acuáticas invernantes. Esta riqueza fixo que este espazo fose incluído no Convenio de Ramsar en 1985 e como Zona Húmida de Importancia Internacional en 1989. A día de hoxe, tamén foi declarado como Zona de Especial Protección para as Aves da Unión Europea e parte da Rede Natura 2000

Destaca no esforzo por valorar e divulgar a riqueza ornitolóxica das inmediacións da Lanzada, o proxecto PIO

Servizos

Na praia da Lanzada hai un grupo de Socorristas Titulados en Salvamento Acuático ou Socorrismo Terrestre que forman parte do equipo de Protección Civil, ademais de voluntarios, 3 postos de socorros, 1 posto de vigía no centro, 2 torres de vixilancia nos laterais, ademais dunha embarcación de rescate.

A praia está balizada a 200 metros da beira pola empresa Botamavi con dúas zonas delimitadas para a realización de actividades naúticas. Todos os postos contan con cartelería de autoprotección e localización de todos os servizos da praia.

Características de Praias

  • Acceso A pé fácil
  • Tipo de area Fina
  • Distancia a medios de transporte 100 m (Interurbano Pontevedra-O Grove)
  • Orientación sur
  • Dimensións 2.600 m.
  • Característica da zona de baño Aguas transparentes y una temperatura media anual de 12°C con rango de olas de 0.5 a 6 m. entre días de calma y mal tiempo. Tiene corrientes de resaca en la zona centro de la playa.
  • Climatología en veran A praia ten unha temperatura ambiente media de 24°C e atopase ó abeiro dos ventos predominantes do norte
  • Actividades recreativas e deportivas bodyboard, surf, windsurf, padelsurf, kitesurf, pesca deportiva, artefactos flotantes hinchables.
  • Ducha Si
  • Socorristas Si
  • Zona de sombra Non
  • Fácil aparcamento Si
  • Resgardada de ventos Non
  • Bandera azul Si
  • Paseo marítimo Si
  • Condicións de baño Ventosa
  • Vexetación si, detrás da praia
  • Espacio protexido Si
  • Servicio médico cercano Si
  • Acceso a discapacitados Si
  • Seinalización de perigo Si
  • Servicio de autobús Si
  • Aseos Si
  • Papeleiras Si
  • Servizo de limpeza Si
  • Oficina de turismo Si
  • Teléfono Si
  • Establecimientos de comida Si
  • Establecimientos de bebida Si
  • Aluguer de hamacas Si
  • Aluguer de sombrillas Si
  • Alquiler de náuticos Si
  • Club náutico Non
  • Zona de submarinismo Non
  • Zona de práctica de surf Si
  • Zona infantil Non
  • Zona deportiva Non
  • Grado de ocupación Alto
  • Praia nudista Non